Ir ao contido

Introdución

Que é picoCTF?

picoCTF é unha competición e plataforma educativa deseñada pola Universidade de CMU(Carnegie Mellon University) orientada a estudantes e principiantes na seguridade informática.

É necesario rexistrarse?

Si. É necesario crear unha conta, pero o acceso é gratuito.

Pódense publicar solucións?

Pódese compartir solucións unha vez rematadas as competicións. Non se recomenda publicar solucións activas durante eventos en curso.

Contas de usuario en picoCTF

En picoCTF só existe un tipo de conta, que é gratuíta(free):

  • Rexistro mediante correo electrónico ou conta de Google/GitHub a través dun formulario en Register. Lembra comprobar o teu correo electrónico para obter a ligazón de verificación. Debes verificar o teu correo electrónico nos próximos 7 días ou o acceso á túa conta será limitado.
  • Non existen versións de pago nin plans premium.
  • Todos os retos, hints e puntuacións están dispoñibles para calquera usuario rexistrado.
  • A diferenza con plataformas como HTB ou TryHackMe, picoCTF está pensado como un recurso educativo aberto, orientado a estudantes e principiantes en ciberseguridade.

URLs de interese

  • Resources - Sección oficial con materiais de apoio: guías introdutorias, manuais, vídeos e enlaces externos para aprender os fundamentos de ciberseguridade e CTFs.
  • Practice - Apartado con retos prácticos clasificados por categorías (crypto, web, forensics, etc.). Aquí podes practicar libremente, fóra das competicións oficiais.
  • Playlists - Coleccións de retos organizados por nivel de dificultade ou temática. Serven como itinerarios de aprendizaxe guiados para progresar paso a paso.