Guia de Práctica 1.2: WPA2-PSK con PMF (802.11w)
Baseada na práctica 1-Taller-HE-Practica-WiFi-2.pdf
1. Contexto
Nesta práctica probaremos a protección de tramas de xestión (PMF). Ao activala, os ataques de deautenticación estándar deberían fallar porque as tramas de deautenticación van cifradas e asinadas.
2. Preparación (Terminal 1)
Arranca o escenario PMF.
3. Recoñecemento e Modo Monitor (Terminal 1)
Pon a túa tarxeta Wi-Fi de ataque (wlan2) en modo monitor.
4. Captura (Terminal 1)
Inicia a captura especificando a canle e o BSSID.
# Cambia <BSSID> polo valor real atopado
Ctrl+C
sudo airodump-ng -c 6 --bssid <BSSID> -w captura_psk wlan2mon
#Espera a ver como o cliente(wlan1) está autenticado neste BSSID (AP Lexítimo)
5. Intentar ataque de Deautenticación (Terminal 2)
Nunha NOVA terminal, envía paquetes de deautenticación para forzar ao cliente a reconectarse usando a interface global wlan3.
6. Observación e Analise Técnica
A diferenza da práctica anterior (1.1), o cliente NON se desconecta. Verás que aireplay-ng informa de que enviou os paquetes, pero o cliente sigue navegando ou mantendo o seu ping sen interrupción.
Por que fallou o ataque?
Ao activar PMF (Protected Management Frames), as tramas de deautenticación e desasociación:
1. Van asinadas: O cliente só acepta tramas que veñan coa firma criptográfica correcta xerada durante o handshake 4-way.
2. Ignoran a terceiros: Como o atacante non coñece as claves de sesión (PTK/GTK), non pode xerar unha firma válida. O cliente descarta os teus paquetes como falsos.
Como verificalo nos logs?
Podes ver como o sistema ignora estes intentos monitorizando o log de hostapd ou wpa_supplicant:
# Verificar no cliente (NON debería haber deconexións por reason=7 se PMF funciona)
grep CTRL-EVENT-DISCONNECTED /home/kali/wifiLab/run/psk_pmf/wpa_supplicant.log
Podes comparar este comportamento co ataque PSK sen PMF, onde si verías:
# Opción desactivada: ieee80211w=0
grep CTRL-EVENT-DISCONNECTED /home/kali/wifiLab/run/psk/wpa_supplicant.log
# wlan1: CTRL-EVENT-DISCONNECTED bssid=02:00:00:00:00:00 reason=7
7. Limpeza
Ao rematar, apaga o escenario.